Clica para recibir as novidades!

venres, 31 de maio de 2019

A BIBLIOTECA TAMÉN SAE AO RECREO


 Hai tempo que queriamos facer esta entrada pero entre unhas cousas e outras ( xa sabedes que non paramos) nunca atopamos o momento.





 Neste curso, coincidindo coa semana do libro, puxemos en marcha o BIBLIOPATIO, cun carro da compra que nos deron no Froiz próximo ao cole, unha boa man de pintura do alumnado de quinto e sexto e unha decoración preciosa co noso Bunti, o BIBLIOPATIO sae polo recreo repartindo lecturas paraquen  queira, a soas ou en compañía, gozar de boas palabras e ilustracións.

A xestión está supervisada polos “asudantes de Biblio”, que sacan ao recreo o carro.  BIBLIOPATIO conten diferentes seccións con lecturas para toda Primaria e Infantil.





Hai un servicio de préstamo express. O  servizo  de préstamo faise rápido para rentabilizar ao máximo o curto período do recreo, posto que ademais de facer o préstamo, os alumnos e alumnas  que colleron  un liro b de Bibliopatio deberán devolvelo nos últimos cinco minutos do recreo. Para o curso vindeiro temos pensado argallar un aviso sonoro que recorde aos lectores/as que é hora de facer a devolución.

mércores, 15 de maio de 2019

DÍA INTERNACIONAL DA FAMILIA, 15 DE MAIO

A pesares de que a palabra FAMILIA ten significados distintos para moitos, existe un denominador común: chamamos familia á xente da nosa contorna máis inmediata, xente importante para nós.

Familias hai unha chea delas, e tipos de familias tantos como persoas podemos atopar!

A continuación deixamos unha recompilación de 6 contos e lecturas sobre a diversidade familiar, e recordade na diferenza está a riqueza e os contos representan unha ferramenta moi útil para a educación dos nenos e nenas!


1.  UNHA CHEA DE FAMILIAS
Un autor consolidado no panorama da literatura infantil galega e un novo ilustrador de calidade incuestionable xunguen esforzos a prol desta obra que vai dar que pensar. Mariña pregúntase cantos tipos distintos de familias pode haber. De feito, a familia de Mariña é diferente. Na familia de Mariña non hai mamá. Seu pai vaina acompañar nunha curiosa excursión polo edificio no que viven na procura de tipos de familias.


2.  EN FAMILIA

En familia! fala de todos os tipos de familia. Este libro recibiu o premio de literatura xuvenil alemana en 2011 e o lelo etnéndese perfectamente! é un libro que abre unha enorme porta á tolerancia!!





 3.FAMILIA LA MIA, LA TUYA, LA DE LOS DEMÁS
Julián e Marina, dous amigos a quenes lles gusta moito xogar a ser como as familias dos seus amigos. Entre esas familias hai unha moi numerosa, outra composta por unha nena, súa nai e súa avoa, outra cuxo fillo é adoptado, outra na que a nai traballa e o pai queda na casa coidando os fillos... 


4.LA MEJOR FAMILIA DEL MUNDO
Carlota, a protagonista desta historia vive nun centro de menores, un día avísanlle de que a van adoptar , ao día seguinte,  a nova familia pasa a buscala. Ela soña con que a adopte a mellor familia do mundo, pero como debe ser unha familia para ser a mellor?




5. TEÑO DÚAS CASAS 
 Un conto nostálxico a par que divertido!! ter dúas casas pode ser moi divertido, como lle pasa á protagonista do conto cando súa nai e seu pai deciden serpararse.


  

6. UN PAPÁ A LA MEDIDA
Esta é a historia dunha familia formada por unha nena e a súa nai!
Nai e filla, téñeno claro, queren buscar un pai a súa medida: forte, moi forte, con moito pelo, moi guapo, moi listo, que faga puzzles difíciles, patinar sobre rodas.. non vai ser nada doado!

Poñen un anuncio no periódico e aparecen moitos candidatos, pero ningún compre as súas necesidades. Cando todos marchan queda un: baixiño, moi baixiño, non moi guapo nin moi forte, non ten nin idea de patinar e menos inda de facer puzzles pero.....



AGARDAMOS QUE VOS GUSTEN CASE TANTO COMO A NOS!!!!!

FELICES LECTURAS FAMILIAS!!!!!


DESCUBRE OS LIBROS QUE ATOPARÁS NA NOSA ÁRBORE DE NADAL

COMO XA VÍCHEDES NA ENTRADA A NOSA ÁRBORE NON ESTÁ IGUAL QUE NA IMAXE, SENÓN QUE ESTÁ CARGADIÑA DE REGALOS... DE LIBROS.. POIS AGORA AQUÍ VO...