Familias hai unha chea delas, e tipos de familias tantos como persoas podemos atopar!
A continuación deixamos unha recompilación de 6 contos e lecturas sobre a diversidade familiar, e recordade na diferenza está a riqueza e os contos representan unha ferramenta moi útil para a educación dos nenos e nenas!
1. UNHA CHEA DE FAMILIAS
Un autor consolidado no panorama da literatura infantil galega e un novo ilustrador de calidade incuestionable xunguen esforzos a prol desta obra que vai dar que pensar. Mariña pregúntase cantos tipos distintos de familias pode haber. De feito, a familia de Mariña é diferente. Na familia de Mariña non hai mamá. Seu pai vaina acompañar nunha curiosa excursión polo edificio no que viven na procura de tipos de familias.
2. EN FAMILIA
En familia! fala de todos os tipos de familia. Este libro recibiu o premio de literatura xuvenil alemana en 2011 e o lelo etnéndese perfectamente! é un libro que abre unha enorme porta á tolerancia!!
3.FAMILIA LA MIA, LA TUYA, LA DE LOS DEMÁS
Julián e Marina, dous amigos a quenes lles gusta moito xogar a ser como as familias dos seus amigos. Entre esas familias hai unha moi numerosa, outra composta por unha nena, súa nai e súa avoa, outra cuxo fillo é adoptado, outra na que a nai traballa e o pai queda na casa coidando os fillos...
4.LA MEJOR FAMILIA DEL MUNDO
Carlota, a protagonista desta historia vive nun centro de menores, un día avísanlle de que a van adoptar , ao día seguinte, a nova familia pasa a buscala. Ela soña con que a adopte a mellor familia do mundo, pero como debe ser unha familia para ser a mellor?
5. TEÑO DÚAS CASAS
Un conto nostálxico a par que divertido!! ter dúas casas pode ser moi divertido, como lle pasa á protagonista do conto cando súa nai e seu pai deciden serpararse.
6. UN PAPÁ A LA MEDIDA
Esta é a historia dunha familia formada por unha nena e a súa nai!
Nai e filla, téñeno claro, queren buscar un pai a súa medida: forte, moi forte, con moito pelo, moi guapo, moi listo, que faga puzzles difíciles, patinar sobre rodas.. non vai ser nada doado!
AGARDAMOS QUE VOS GUSTEN CASE TANTO COMO A NOS!!!!!
FELICES LECTURAS FAMILIAS!!!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario