Clica para recibir as novidades!

venres, 27 de setembro de 2019

SEMANA POLO CLIMA

Boas piratas!!!!

 Aquí estou de novo...
Esta semana adicámola ao concienciación do Cambio Climático
No Fonte Escura non quixemos deixar pasar esta oportunidade para dar difusión a toda a nosa Comunidade Educativa da situación crítica na que se encontra o noso fermoso planeta Terra participando nun movemento  mundial.

Recordade facervos seguidores do blogue para non perder nada do que vai a acontecer este curso!!!
Como xa sabedes.... son un gran devorador de libros, non me gusta comelos,! Non, non! Adoro ler e como coñezo moitos libros... fágovos unhas recomendacións co motivo desta semana. Algúns deles poderes emprestalos na nosa biblio! A ver quen será o maior lect@r deste curso...
Fonte: http://www.clubpequeslectores.com/2017/10/cuentos-infanitles-respetar-medio-ambiente.html

O luns 23  gardamos un minuto de silencio pola Terra no patio.
   


O martes 24 puxémonos dacordo e levamos tanto alumn@s como as mestras camisetas e accesorios de cor verde. Démonos conta que o verde é unha cor moi favorecedora... É unha forma de protesta, xa que o cambio climático aféctanos a tod@s!!! Jaaaaar!!!!



O mércores 25 proxectamos nas diferentes clases películas coa temática do medioambiente de acceso gratuíto. Entre elas:
                                                                      LEMON
A Fundación Raíña Sofía tenta concienciar sobre o problema dos plásticos na natureza e as súas consecuencias. Como navegantes nós estamos moi concienciados coa importancia de manter limpo o planeta e especialmente as augas, verdade? Non é nada agradable bostezar ou suspirar no momento menos indicado... non é a primeira vez que sen decatarme papo unha botella de plástico, unha roda vella... e vete ti a saber que máis. Puaj!
Os rapaces e rapazas do Fonte Escura aceptaron de bo grado a proposta do Equipo de Horto que traballou a reo, e entre as súas propostas, destacamos especialmente a ubicación de contenedores de plástico nos distintos corredores da escola en lugares ben visibles. Gracias Equipo de Horto!!! 

Fonte:https://www.youtube.com/watch?v=0e2zK0v2X

                                                                 COIDA A AUGA
"Coido a auga" é unha curtometraxe animada dirixida e producida por Algarabía Animación, coa música de Gastón Rodríguez e a ilustración de Lucía Géomez "Neko"

Fonte:https://www.youtube.com/watch?v=oLIZFNX5AxI
O xoves 26 fixemos un cartel cooperativo que nos quedou así de precioso!!! Tod@s colaboramos. Como bos piratas gústanos facer cousas xunt@s!!!!

Cartel cooperativo CEIP Fonte Escura

E hoxe venres 27 para rematar esta semana de grandes reflexións, despois do recreo, expoñemos o cartel para que se vexa ben todo o que traballamos. Despois analizamos os residuos depositados nos contenedores dos corredores tan só nestes tres días das merendas e diferentes traballos... con todo o LIXO faremos unha escultura que xa vos ensinaremos!!!

Despois de todo... Que pensades? Precisamos de tanto plástico na vida diaria? Poderiamos empregar outros materiais máis respectuosos co medio ambiente? Que medidas tomaredes nas vosas casas?

Invitámosvos a comentar esta entrada con diferentes ideas e para que sigades contribuíndo na fin de semana, compartimos con todos vos diferentes accións que se levarán a cabo nos arredores.


Boa fin de semana!!! Un abrazo agarimoso!!!

BUNTI


mércores, 11 de setembro de 2019

COMEZA UN NOVO CURSO!


Querid@s navegantes do CEIP Fonte Escura:

Espero que descansarades este verán, xa que comezamos este curso 2019/20 con moitas ganas e ilusión!!!

Esperamos aprender moitas cousas xuntos: nenos e nenas, familias, mestras...

Preparádevos porque zarpamos de inmediato. Daranos igual que o vento sopre a favor ou en contra... Nesta biblio estamos desexosos de viaxar e vivir grandes aventuras.

BENVIDOS A TODOS E TODAS!!!!!


P.D: Non esquezades facervos seguidores (arriba a dereita: Seguir). Deste xeito estaredes ao tanto de toda as novidades! Un agarimoso saúdo. 

BUNTI 



DESCUBRE OS LIBROS QUE ATOPARÁS NA NOSA ÁRBORE DE NADAL

COMO XA VÍCHEDES NA ENTRADA A NOSA ÁRBORE NON ESTÁ IGUAL QUE NA IMAXE, SENÓN QUE ESTÁ CARGADIÑA DE REGALOS... DE LIBROS.. POIS AGORA AQUÍ VO...