xa chegou o fin de curso. Este ano, máis que nunca, merecedes un bo verán logo deste tempo tan duro de confinamento e teletraballo.
Non se me ocurre mellor xeito de nos despedir que con este marabilloso conto, que como ben sabedes podedes atopar nos nosos estantes e mochilas viaxeiras!
Vémonos noutros portos piratas, quérovos moito, sodes un gran tesouro e as mellores moedas de ouro que poiden atopar nesta ruta. Rematou a viaxe pero non a aventura, navegade moito, surcade mares sen vos rendir, os verdadeiros piratas aprendemos de cada tormenta, podedes chegar tan lonxe como queirades.
GRAZAS POR FORMAR PARTE DA MIÑA TRIPULACIÓN!
(TEDES O CONTO PARA LER E PARA ESCOITAR)
Ningún comentario:
Publicar un comentario