Clica para recibir as novidades!

venres, 19 de xuño de 2020

CHEGOU O MOMENTO DE RECOLLER OS APARELLOS DE NAVEGACIÓN E TRAZAR NOVAS RUTAS CARA O CURSO 20-21

Boas piratas!!!!

xa chegou o fin de curso. Este ano, máis que nunca, merecedes un bo verán logo deste tempo tan duro de confinamento e teletraballo.

Non se me ocurre mellor xeito de nos despedir que con este marabilloso conto, que como ben sabedes podedes atopar nos nosos estantes e mochilas viaxeiras!

Vémonos noutros portos piratas, quérovos moito, sodes un gran tesouro e as mellores moedas de ouro que poiden atopar nesta ruta. Rematou a viaxe pero non a aventura, navegade moito, surcade mares sen vos rendir, os verdadeiros piratas aprendemos de cada tormenta, podedes chegar tan lonxe como queirades. 

GRAZAS POR FORMAR PARTE DA MIÑA TRIPULACIÓN! 




(TEDES O CONTO PARA LER E PARA ESCOITAR)















xoves, 18 de xuño de 2020

UBUNCHU 5

Aí vai o capítulo número 5, agora si, para o 6 imos ter que aguardar ao curso vindeiro!!!!!




mércores, 17 de xuño de 2020

UBUNCHU 4

Boas rapazada!

Antes de que remate o curso vouvos deixar outro número de Ubunchu tal como vos prometera!!!

Agardo que vos guste!




martes, 16 de xuño de 2020

QUERES SER UN BOOKTUBER???

Sí estades lendo ben!!! buscamos BOOKTUBERS!

Todos os anos por estas datas, o equipo de Biblioteca deseña unhas recomendacións lectoras para ter un verán cheiño de marabillosas lecturas, e este ano queremos que sexades vós quen o fagades.

É por iso que vos pedimos o seguinte:

1º Fai un vídeo como se foses un YouTuber recomendando un dos teus libros preferidos, neste vídeo cóntanos o título, autor, de que trata.. e por suposto, porque che gusta.

2º Cando teñas o vídeo, mandao ao noso correo electrónico: ossonosdopirata@gmail.com


AGARDÁMOSVOS BOOKTUBERS DE FONTE ESCURA!!!!

luns, 15 de xuño de 2020

Aprende un pouquiño de LSE

Bo día rapaces e rapazas!!!

Onte foi o día nacional da Lingua de Signos Española, é por iso que hoxe vos deixo este Quiz para aprender un pouquiño, moitos de vós xa sei que sabedes moitos signos, pero imos demostralo! animádevos!!!!!!


mércores, 10 de xuño de 2020

CREA O TEU CÓMIC


Ola a tod@s!!!

Hai xente por aquí que fai uns cómics chulísimos, así que hoxe deixamos esta web para que vos podia servir de axuda e de consulta.

Gustaríanos que se o facedes o compartades con Bunti, estareino esperando! 

Unha aperta piratas!








"Este cuadernillo de cinco actividades está destinado a niños y niñas a partir de los 9 años (puede ir bien también en edades más tempranas, pero eso dependerá de la propia capacidad del niño o la niña) y fomenta el lenguaje narrativo-gráfico a través de la propia creación de un cómic.
La narrativa gráfica es un medio educativo y de iniciación a la lectura fundamental ya que mezcla texto e imagen en una combinación atractiva y accesible para los más pequeños.
Además, favorece la capacidad de comprensión y asimilación de conceptos complejos y aumenta la sensación de seguridad del niño ante lecturas más avanzadas adquiriendo, así, una lógica formal y concibiendo la realidad con sus causas y efectos.
Definitivamente, el cómic puede llevarle a madurar sus procesos de pensamiento."

martes, 9 de xuño de 2020

FUTBOLÍSIMOS

BO DÍA!

Hoxe vouvos presentar a web dos fans de "FUTBOLÍSIMOS y los forasteros del tiempo", que a moitos dos nosos piratas sei que lle gustan moito, agardo que entredes na páxina e fagades crucigramas, puzzles, sopas de letras...



luns, 8 de xuño de 2020

8 DE XUÑO, DÍA DOS OCÉANOS

Hoxe é o día mundial dos Océnaos. Celebramos este día para concienciar a todo o mundo do gran papel que os océanos xogan nas nosas vidas. Son os pulmóns do noso planeta e xeran a maior parte do osíxeno que respiramos. Os océanos tamén son unha fonte importante de alimentos e medicamentos e unha parte esencial da biosfera. 

Nestes vídeos poderedes darvos conta do importante que é coidar os nosos mares. Pensade nas cousas que podemos facer para mantelos limpos: "Océanos saludables, planeta saludable".  #mares limpos













Queredes facer un safari polo océano? E ver os animais mariños en directo? 






venres, 5 de xuño de 2020

PARA REMATAR A SEMANA UN MEMORI


Imos rematar esta primeira semana de xuño, na que repasamos os exemplares dos nosos estantes, exercitando a memoria, a ver se algún/ha de vós se atreve, ademais de facer o memori a ver  se recordades os  títulos dos libros aos que pertencen as imaxes! deixade as vosas respostas en comentarios!







xoves, 4 de xuño de 2020

mércores, 3 de xuño de 2020

SEGUIMOS RECORDANDO TÍTULOS DA NOSA BIBLIO, HOXE: SOPA DE LETRAS


Clicade na seguinte imaxe para facer a sopa de letras con títulos dos nosos libros, seguramente algún de vós xa os leu todiños!






martes, 2 de xuño de 2020

IMOS POÑER A PROBA OS VOSOS COÑECEMENTOS SOBRE OS LIBROS DA NOSA BIBLIO

Boas piratillas!

Hoxe imos poñervos a proba unha vez máis, para iso déixovos unha encrucillada sobre títulos da nosa  biblio, agardo que vos guste, e sobre todo que as acertemos todas. 

Unha aperta, sodes os mellores, estados facendo un gran traballo e un grandísimo esforzo! NORABOA!


luns, 1 de xuño de 2020

ADIVIÑAS

Boa semana piratas!!!! Xa estamos en xuño.. en nadiña xa estamos rematando curso, con este final tan estraño que nos tocou este ano.

Como ides?? Que tal esta última semana con calor e soliño?

Hoxe déixovos un enlace a un taboleiro de adiviñas, seguimos co tema dos animais a ver cantas acertades, ídeme dicindo.



PD. Mañá editarei a entrada para por a respostas (non vos esquezades de pasar a revisar), namentres agardo as vosas!




AQUÍ VOS DEIXO AS RESPOSTAS, AGARDO QUE FOSE DOADO PARA VÓS, E PASARADES UN CHISCO ENTRETIDOS.






DESCUBRE OS LIBROS QUE ATOPARÁS NA NOSA ÁRBORE DE NADAL

COMO XA VÍCHEDES NA ENTRADA A NOSA ÁRBORE NON ESTÁ IGUAL QUE NA IMAXE, SENÓN QUE ESTÁ CARGADIÑA DE REGALOS... DE LIBROS.. POIS AGORA AQUÍ VO...