Ola de novo Piratas!!!!!
Aquí vos deixo a recomendación para hoxe martes! unha aperta xigante, xa queda menos para dárnola en persona!!! sodes uns Campións e unhas campioas!!!!
Lola e o seu gato Bola sairon a pasear polo bosque. Saudaron ao zorro, ao ourizo, aos ratos e aos coellos, ata que apareceu un monstruo terrorífico disposto a cociñar unha sopa con todos eles.
A marabillosa tarde que compartían Lola, a súa mascota e os animais do bosque viuse interrompida de mal xeito. Cando Lola leu a receita da sopa terrorífica que o monstruo quería preparar, tivo que facer uso do seu inxenio e valor para convencelo de que os animais sabían mal e ían facerlle moito dano no estómago.
Así conseguiu evitar o desastre e salvar aos seus amigos e ao seu gato.
Para rematar a tarefa conseguiu que o monstruo acabase no caldeiro, atrapado no seu propio caldo e desfíxose de tan horrible chef...
Esta historia posúe unha receita segreda con todos os ingredientes necesarios para atrapar o interese dos nenos/as: un toque de conto tradicional, unha heroína, inxeniosa, solidaria e cun temple de ferro, unha graciosa mascota e uns animalioños adorables, unha pizquiña de medo e unhas fermosas ilustracións..
Ningún comentario:
Publicar un comentario