Outro ano máis nos "SOÑOS DO PIRATA" celebramos, como ben se merece, o Día da Poesía.
O Día Mundial de la Poesía é un tributo á palabra poética, ó poema como tal e aos poetas e poetisas, A poesía é o xénero literario que se presenta como a manifestación
da beleza ou a estética por medio da palabra. Este día foi establecido pola UNESCO no ano de 1999. O obxectivo desta
conmemoración é dar soporte á diversidade lingüística a través da
expresión poética, así como fomentar a súa ensinanza. Nós ademais utilizámolo como unha gran oportunidade para que o noso alumnado se acerque cada vez máis a este xénero e goce con ela.
Como non podía ser doutro xeito,decidimos celebrar o "II certame de poesía por un tubo", xa que, a primeiro foi todo un éxito.
Este ano ampliamos dificultade é o que fixemos foron parellas internivel ás que lle asignamos ún numero e as que tiñan (cun mapa previamente preparado) que buscar os poemas e os tubos polo noso patio.

A continuación deixamos algunha mostra deste bonito día susurrando poesía aos nosos/as compañeiros/as.
E rematamos todos escoitando ao "noso poeta", recitando a Rosalía.
Ningún comentario:
Publicar un comentario