Como en todas as grandes inauguracións unha plaquiña para o recordo e un gran lazo vermello para cortar, que pracer que alegría que ao pé de Bunti se atope o "noso poeta".
Ambiente de festa, como non podía ser doutro xeito, á vez que catalogamos, rexistramos, metemos en Meiga e toleamos cos estantes a decoración non quedaba atrás... as bandeirolas do noso "barco" están cheíñas de motivos piratas e fixádevos ben... TODAS AS MASCOTAS ELABORADAS POLO NOSO ALUMNADO están nas bandeirolas do mesmo xeito que as izan os piratas de verdade!
AGORA SÍ!!!! A TODA VELA!!!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario