Clica para recibir as novidades!

venres, 27 de abril de 2018

INAUGURAMOS OS SOÑOS DO PIRATA


O día 26 inauguramos a nosa biblioteca, non é unha biblioteca calquera, é unha biblioteca que nace da ilusión de crear unha biblioteca de verdade, unha biblioteca inclusiva e accesible para todo o alumnado. 
Unha biblioteca que sexa espazo de lecturas compartidas, de proximidade, espazo no que lemos, nos informamos, soñamos e aprendemos!

Cremos na biblioteca como unha oportunidade para exercitar as competencias intelectuais e emocionais, para convivir e construir cidadanía. 

E nesas comezamos en setembro... A ilusión move montañas.. e neste caso movilizou a un gran equipo, a un claustro enteiro e a todo o alumnado, namentres colocábamos tejuelos, facíamos expurgo, ordeábamos alfabéticamente, adaptábamos a nosa CDU, pictografiábamos as nosas normas, incorporábamos os fondos no MEIGA, buscábamos a decoración máis axeitada ao noso gran lugar e pouco presuposto.. traballamos a reo coa poesía e co noso poeta... pero nunca imaxinamos  que  o dito "todo o esforzo ten a súa recompensa" sería tan acertado! Nunca imaxinamos que cando escribimos aquel correo electrónico o noso poeta iba contestar coa mesma emoción coa que nós lle escribíamos, e nunca imaxinamos que traería tantas palabras cheas de maxia, cheas de motivación, cheas de mar... 

O broche final converituse nun APRENDIZAXE SERVIZO en todo regla!!!!! Antonio García Teijeiro inaugura a nosa biblioteca!!!!! e con el ven unha gran comitiva o noso inspector, o jefe territorial, a conselleira de educación, a presidenta da ANPA e o alcalde de Vigo.. o noso asombro foi maior ao ver o despliegue de fotógrafos e prensa, todos eles estaban alí por NÓS, pola nosa Biblioteca, polo noso Bunti... 
O noso alumnado ensinou cuas súas manciñas o poeta os videos de Realidade aumentada onde recitan os seus poemas, veu os QR, disfrutou dos nosos caligramas e ata nos pediu fotografiarse coa nosa escaleira poema e coa placa inaugural, trasmitiu enerxía, cercarnía e luz!
 Foi un día ESPECIAL no que  grandes e pequenos compartimos LEDICIA, EMOCIÓN e dende xa, este espazo non seguirá sendo o mesmo... froito do traballo compartido todos aplaudimos o destapar da placa, dende xa o noso poeta forma parte da NOSA TRIPULACIÓN!!!! 
A continuación deixamos un vídeo resumo e a adicatoria que deixou no noso "Poemar o mar" xa que algo tan bonito non pode quedar só para nos.














Para a miña equipa, hoxe mención especial para elas,  MIS VALIENTES (na jerga pirata tripulación): "atoparemos momentos de calma e tamén algunhas tempestades, porque o mar é así, como a vida.  pero sempre seguiremos adiante e cruzaremos e creceremos e chegaremos a bo porto. Estou segura de que, nuns anos, poderemos mirar atrás e sentirnos orgullosas de nos mesmas, e do que, entre todas, fomos capaces a crear" 




mércores, 25 de abril de 2018

ABRAN PASO PIRATAS!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!

A folla de ruta está clara, e os preparativos en marcha... estamos especialmente nerviosos xa que o día 26 inauguramos porfin  "Os soños do pirata", levamos traballando sobre a poesía, o mar, o poemar o mar e Antonio García Teijeiro todo o curso, e así seguiremos facendo, pero sen lugar a dúbidas, debemos facer un alto no camiño para saborear o que está pasando nesta navegación... xa temos panel de novas na porta da nosa Biblio e leva días anunciando  que algo está apuntiño de suceder...
Como en todas as grandes inauguracións unha plaquiña para o recordo e un gran lazo vermello para cortar, que pracer que alegría que ao pé de Bunti se atope o "noso poeta".

Ambiente de festa, como non podía ser doutro xeito, á vez que catalogamos, rexistramos, metemos en Meiga e toleamos cos estantes a decoración non quedaba atrás... as bandeirolas do noso "barco" están cheíñas de motivos  piratas e fixádevos ben... TODAS AS MASCOTAS ELABORADAS POLO NOSO ALUMNADO están nas bandeirolas do mesmo xeito que as izan os piratas de verdade!

AGORA SÍ!!!! A TODA VELA!!!!!


luns, 23 de abril de 2018

DÍA DO LIBRO

Hoxe 23 de abril, conmemoramos o día do libro,  como non podía ser doutra maneira celebrámolo todos xuntos con "poemar o mar"  de Antonio García Teijeiro como fío principal, e tema do noso PDI.
Desenvolvemos a actividade preparada "Poesía por un tubo" e convertemos as nosas escaleiras nun poema multicolor.

Entre todos eliximos o que máis nos representa e decimos que "os soños do mar.. e do pirata sen unha man" 

Aquí vos deixamos a mostra!






domingo, 22 de abril de 2018

O NOSO POETA MARIÑO


Como xa é sabido todo o cole estamos traballando cun proxecto multinivel e con actividades de deseño universal. Para mostra un botón!! aquí vos deixamos o precioso faro elaborado polos máis pequenos onde introduciron dous QR nos que recollen a bibliografía e biografía do NOSO POETA:
ANTONIO GARCÍA TEIJEIRO




Nos seguintes vídeos visionaredes o contido multimedia do QR, agardamos que vos guste tanto como a nos!



Para a elaboración da biografía utilizamos a app MORFO  que foi todo un éxito entre os nenos/as!!







venres, 20 de abril de 2018

POESÍA POR UN TUBO

Con motivo do día do libro entre outras actividades, dende o PDI deseñamos a actividade POESÍA POR UN TUBO,  que supuxo a realización de outras previas como  a decoración dos tubos con diferentes recursos e técnicas plásticas, ademais supuxo diversificación de metodoloxías e agrupamentos, como poden ver nas fotos: titoría entre iguais, grupos heteroxéneos, actividades interniveis, diversificación de espazos, axuda entre iguais, etc..


En un primeiro momento a actividade xurdiu para dar resposta a unha necesidade existente no centro en relación ao noso alumnado TEA, o desfrute de actividades en gran grupo que supoñan a participación de todo o cole e en conseguinte ruído en exceso;  foi por iso que pensamos que coa lectura por un tubo enriquecemos o "apadriñamento lector" (que xa realizaramos outros cursos pasados) , e conseguimos eliminar o ruído ambiental que supón estar todo o alumno lendo ao mesmo tempo.

Coa poesía por un tubo, non lemos en voz alta, senón que susurramos, e ao interlocutor ademais de reducirlle o ruído do ambiente  facilitámoslle que centre mellor a súa atención. 
En próximas entradas amosarémosvos os resultados!!!!!









mércores, 18 de abril de 2018

ACÉRCASE O DÍA DO LIBRO

Acércase o día do libro e nos "Soños do pirata" todo vai vento en popa!!!!!!!

Temos moitas sorpresas para ese día, todas relacionadas co noso PDI  "POEMAR AO MAR" "Poesía por un tubo", "Entrega de barquiños",  "Escaleiras poéticas..."

Aquí vos adiantamos os preparativos....








domingo, 15 de abril de 2018

BIBLIOTECA INCLUSIVA

Tentamos facer accesible a totalidade do noso cole, e a nosa biblio non ía ser menos, lonxe de facer unha sección para todos os nosos pictolibros e libros accesibles, poderédelos atopar incluídos nos nosos entantes na sección que lle corresponda e co indicativo que a continuación vos presentamos!!!

TEJUELO AZUL CLARIÑO
PICTOGRAMA DE LIBRO 
AQUÍ UN EXEMPLO!!!!!


luns, 9 de abril de 2018

METAMORFOSIS

Hoxe imos con un libriño en inglés, a Teacher, está a traballar xa na primaveira, e elixiu o libro "Is it a Butterfly?" 

E por si era pouco temos novos inquilinos.. GUSANOS DE SEDA!!!

Un gran descubrimento para os máis cativos do cole!!!!

Vímolos coa lupa, e non nos dan pasado os día para ver o tamaño que terán en pouco tempo.

Temos sorte, porque no patio do cole podemos recoller follas de Moreira e alimentalos ben!!

OS GUSANOS DE SEDA SON PARA OS NENOS UNHA BOA MANEIRA DE ENTENDER A NATUREZQA, DE ENSINAR A COIDAR OS ANIMAIS E DE OBSERVAR O CICLO DE TRANSFORMACIÓN DO GUSANO EN MARIOPOSA E PRODUCCIÓN DA SEDA.

SEN LUGAR A DÚBIDAS PASAREMOS LONGOS RATOS OBSERVANDO... E PROMETEMOS ENSINAR AS DIFERENTES FASES!!!

xoves, 5 de abril de 2018

SEGUIMOS TRABALLANDO NO NOSO PDI


... en setembro fixemos unha revisión dos volumes da nosa biblioteca, e a nosa sorpresa foi enorme cando nos decatamos que contábamos con moita poesía nos nosos estantes.. e maior ao ver que Antonio García Teijeiro era o autor de motios  dos exemplares!!!!!

Non o dubidamos, e dende ese momento no deixamos de seguirlle a pista!!!

A continuación vos amosamos todas as obras que temos na Biblio " Os Soños do Pirata" e que os piratas máis cativos meteron todiñas nun QR para que ninguén se despistase!!!!






luns, 2 de abril de 2018

COMPETENCIA DIXITAL

Os nosos alumnos/as son nativos dixitais e así o están demostrando.. este ano investigamos moito sobre Antonio García Teijeiro e mirade que ven o pasa o noso alumnado de infantil coa app MORFO, convertendo ao poeta en un personaxe 3D.















domingo, 1 de abril de 2018

O NOSO PDI

Este ano animámonos a facer da nosa Biblioteca un centro de recursos para a aprendizaxe, e polo tanto comezamos unha nova aventura e un novo traballo: Un P.D.I. 

PDI: POEMAR AO MAR
Antonio García Teijeiro
UN PROXECTO DOCUMENTAL INTEGRADO é un proxecto de carácter interdisciplinario coordinado pola biblioteca escolar cunha participación como mínimo do 40% dos grupos-aula do centro (ou o 40% dos departamentos), no caso do CEIP Fonte Escura PARTICIPAMOS TODOS,  e iso está sendo o máis gratificante!!!!!! 


 O noso alumnado está facendo unha laboura de investigación sobre o poeta e con toda a información elaboraron dende powe point a códigos QR. 

E a continuación algúns dos pasos que seguimos para crealos!




DESCUBRE OS LIBROS QUE ATOPARÁS NA NOSA ÁRBORE DE NADAL

COMO XA VÍCHEDES NA ENTRADA A NOSA ÁRBORE NON ESTÁ IGUAL QUE NA IMAXE, SENÓN QUE ESTÁ CARGADIÑA DE REGALOS... DE LIBROS.. POIS AGORA AQUÍ VO...