Clica para recibir as novidades!

luns, 5 de marzo de 2018

8 DE MARZO

O calendario continúa o seu andar e xa está chamando á porta o 8 de marzo, Día Internacional da Muller, unha das datas claves para avanzar na educación para igualdade, na formación de cidadáns e cidadás na procura dunha sociedade máis xusta.  

Dende o cole, achegamos recursos e poñemos en marcha diversas actividades que permitan aos nenos e ás nenas coñecer o mundo no que viven, coñecer a presenza da muller nos distintos ámbitos do saber e nos distintos momentos da historia.

 E sobre todo, re-coñecer a importancia e a influencia do traballo da muller nos diferentes ámbitos sociais do mundo no que eles viven e medran.

Algúns exemplos das lecturas que durante esta semana se traballarán co noso alumnado!



Ademáis fixemos diferentes traballos de investigación cos que elaboramos unha preciosa exposición!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

DESCUBRE OS LIBROS QUE ATOPARÁS NA NOSA ÁRBORE DE NADAL

COMO XA VÍCHEDES NA ENTRADA A NOSA ÁRBORE NON ESTÁ IGUAL QUE NA IMAXE, SENÓN QUE ESTÁ CARGADIÑA DE REGALOS... DE LIBROS.. POIS AGORA AQUÍ VO...