Clica para recibir as novidades!

venres, 23 de marzo de 2018

22 DE MARZO, DÍA MUNDIAL DA AUGA

Onte foi o día mundial da auga, e nós somos de celebralo todo, así que isto non podía ser menos.

Aproveitando "Poemar o mar" e " Versos de auga" do noso poeta Antonio García Teijiro, fixemos cousas como estas!!!

Aquí queda unha mostra...







 

xoves, 22 de marzo de 2018

AS NOSAS SECCIÓNS DO FONDO DO MAR

Isto é un non parar, o calendario apura e nos intentando seguirlle o ritmo... hoxe é o DÍA MUNDIAL DA AUGA, a nosa Biblio é auga, a nosa Biblio é mar, H2O, auga salgada..

As NOSAS SECCIÓNS están no fondo do mar, medusas, baleas, carangexos, tartarugas.. forman parte da organización espacial dos "Soños do pirata", e ademais de ensinarvos ao final do día os traballiños que estamos realizando polo Día mundial da auga, imos facervos a primeira entrega das nosas seccións!!!!

Agora xa sabemos a onde dirixirnos para atopar o libro máis adecuado á nosa idade, e as mascotiñas da Biblio axudarannos a non perdernos!!

Agardamos que vos gusten tanto como a nós!




PIRATAS POETAS

A POESÍA, este curso e eixe central nas nosas aulas, do noso PDI: POEMAR AO MAR traballámola dende moitas ou todas as nosas áreas curriculares, polo tanto onte 21 de marzo, foi O NOSO DÍA.
Fixemos unha homenaxe especial á poesía, ó noso poeta Antonio García Teijeiro, ao mar, aos caligramas, pictocaligramas, pasamos a ordenador, fixemos accesibles,recitamos, escribimos palabras poéticas... e un longo etc que non entraría nestas liñas!! pero como somos moi presumidos imos ensinar algún dos nosos traballos!!!!
















luns, 19 de marzo de 2018

21 DE MARZO DÍA DA POESÍA


O próximo 21 de marzo, conmemoramos o día da poesía, no noso cole este ano estamos traballando moito con ela, e nesta ocasión elaboramos uns caligramas preciosísimos!!!
Ademais dende o equipo de biblioteca fixemos unha selección dos libros de poesía para nenos máis estupendos que atopamos nos "Soños do pirata" e unha selección dos libros de Antonio García Teijeiro, sobre o  que estamos investigando moito!!!!!










luns, 5 de marzo de 2018

8 DE MARZO

O calendario continúa o seu andar e xa está chamando á porta o 8 de marzo, Día Internacional da Muller, unha das datas claves para avanzar na educación para igualdade, na formación de cidadáns e cidadás na procura dunha sociedade máis xusta.  

Dende o cole, achegamos recursos e poñemos en marcha diversas actividades que permitan aos nenos e ás nenas coñecer o mundo no que viven, coñecer a presenza da muller nos distintos ámbitos do saber e nos distintos momentos da historia.

 E sobre todo, re-coñecer a importancia e a influencia do traballo da muller nos diferentes ámbitos sociais do mundo no que eles viven e medran.

Algúns exemplos das lecturas que durante esta semana se traballarán co noso alumnado!



Ademáis fixemos diferentes traballos de investigación cos que elaboramos unha preciosa exposición!

DESCUBRE OS LIBROS QUE ATOPARÁS NA NOSA ÁRBORE DE NADAL

COMO XA VÍCHEDES NA ENTRADA A NOSA ÁRBORE NON ESTÁ IGUAL QUE NA IMAXE, SENÓN QUE ESTÁ CARGADIÑA DE REGALOS... DE LIBROS.. POIS AGORA AQUÍ VO...