"Os soños o pirata", e o noso cole, sumámonos ó desexo de PAZ, tolerancia, respecto cara os demais..e fixémolo compartindo e celebrando o 30 de xaneiro cuns convidados moi especiais: os mestres/as e alumnado do "CEE San Francisco".
Foi un bonito día de convivencia, onde non faltou un libro, este ano o punto de partida foi " O homiño de papel", unha preciosidade de conto que para que non deixe indiferente a ninguén todo o alumnado do CEIP FONTE ESCURA, narrou e adaptaou garantindo o desfrute de todos!!!
Utilizamos a APP ChatterPix para poñer as nosas voces e os diferentes efectos ás imaxes e como sempre os pictos de ARASAAC!
Aquí volo compartimos!!!!!
Resumo: Unha nena aburríase na casa. Cos xoguetes de sempre xa non se
entretiña. Un dia imaxinou, inventou e fixo un amigo de papel de
periódico. O homiño de papel e mais a nena aprenderon a descubrir a
vida, as cousas boas e malas que hai nela, e como se lles pode
transmitir esperanza e alegria ós demais, mirando as accións humanas cos
ollos da solidariedade.
"As persoas que queren cambiar o mundo acostuman ser
lectoras, pero non é menos certo que, despois de ler, xorden máis
facilmente as ganas de cambiar o mundo." (Blanca Calvo)
Ningún comentario:
Publicar un comentario