Polas fotos que a continuación acompañamos podemos parecer un BARCO Á DERIVA, pero lonxe de selo, querémosvos amosar como a nosa tripulación está ansiosa pola busca dun novo botín.
A nosa folla de ruta está moi clara, e prometemos novos e emocionantes desembarcos!!!
Comezamos xa a rexistrar os fondos da biblioteca, no Programa Galego de Bibliotecas Escolares MEIGA, e máis cedo que tarde, poderemos facer empréstitos por ordenador e editar carnés de CORSARIOS!!!!!
Aquí tedes fotos das obras ABORDO e de parte da nosa tripulación traballando duro!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario