Ola de novo piratas!
Hoxe, imos ver un conto de Gemma Sánchez, con el traballaremos a atención plena ou minduflness, a autoestima e a resiliencia, para iso preparounos un conto puzzle que espero que vos guste e poidades xogar con él.
A proposta que nos fai Gemma é a seguinte:
se queredes traballar máis co conto puzzle, podedes realizar algunhas da seguintes actividades:
1. Pintar as imaxes, podedes descargalas clicando AQUÍ, recortámolas e xogamos a colocar a historia para recordala e comezar un diálogo sobre as tres eirugas.
2. Proponnos tamén algunhas preguntas como pistas para o diálogo: A cal nos parecemos máis? Como eran e que lle pasou a cada unha? Que lle diríamos a cada unha das eirugas si fósemos con elas camiñando?
3. Outra variante sería teatralizar o conto. Si sodes varios na casa que queirades participar, podedes transformarvos nas eirugas e falar entre vos cada un co voso papel.
4. Recordamos o exercicio de visualización e relaxación da metamorfose. De que cor eramos? Como nos sentimos? mellor enroscados ou voando? todas as respostas son boas e axúdannos a coñecernos mellor. Podemos debuxarnos nun papel como verme e como bolboreta.
5. Recordamos a última frase da historia. As eirugas son marabillosas cando son eirugas. As bolboretas son marabillosas cando son bolboretas. Ainss e Seré parece que non gozan de ser o que son: eirugas. Desexan ser outra cousa. Cada un de nós é diferente e irrepetible. NON O OLVIDEMOS NUNCA. Propóñovos que fagades o seguinte ao igual ca min repetir a última frase pero cambiándoa un pouco: "Son Bunti e son marbilloso por ser Bunti, son baixo e son marabillos por ser baixo, son azul e son marabilloso por ser azul, non me gusta camiñar e son marabilloso así..."
6. Xogamos a descolocar as imaxes e construír novas historias.