Dende o CEIP Fonte Escura estamos comprometidos coa sensibilización e prevención da violencia contra a muller.
É por iso, que dende a Biblioteca propoñemos unha serie de curtas, contos e actividades para traballar cos mais cativos e reflexionar dende os máis grandes, cara o próximo domingo 25 de novembro.
OS TRES CONTOS OS PODES ATOPAR NA NOSA BIBLIO EN LINGUA GALEGA!
ARTUR E CLEMENTINA
Un bonito día de primavera, Arturo e Clementina, dúas novas e fermosas tortugas rosadas, conocéronse ao carón dun lago, e decidiron casarse aquela mesma tarde.. Pero ao pouco, Arturo decide "atar corto" á súa muller ata convertila nun obxecto máis da súa vida.
ATA CANDO??
ROSA CARAMELO
Este libro relata a historia dunha manada de elefantes e elefantas na que unhas e outros viven de xeito separado e teñen actividades diferentes, incluso a cor delas e deles é diferente.
Os elefeantes son grises, comen herbas verdes, lávanse no río, revólcanse no lodo e fan a sesta debaixo das árbores.
As elefantas son rosas, non comen herbas verdes, non se lavan no río, non se revolcan no lodo e non fan a sesta debaixo das árbores. As elefantas están encerradas nun xardín enrereixado, comendo flores que non lle gustan (porque saben mal) e levando zapatiños, babeiros, lazos de cor rosa..Os elefantes non levan nada para facerse máis grisaceos nin comen flores que saben mal.
De entre tódalas elefantas destaca unha, Margarita, que é de cor gris e por máis que intenta comer as mesmas flores que as súas compañeiras para volverse rosa, non o consegue.
Cando xa se perde a esperanza de que Margarita se volva rosa para que un elefante se queira casar con ela, toma a decisión de salir do enreixado, sacar tódolos adornos rosas e xogar a ser unha elefanta libre igual que os elefantes que nunca xamais estiveron encerrados.
A súa iniciativa serve de modelo para que outras elefantas fagan o mesmo.
Margarita ensinará ás súas amigas elefantas, que a IGUALDADE NON É UNHA UTOPÍA!
Podedes disfrutar da historia no seguinte enlace:
ATÉ AS PRINCESAS SOLTAN PEIDOS
Un divertido libro que as nenas e nenos len (ou escoitan) cun sorriso e que lles permite romper estereotipos, irmáns dos prexuízos, o que sen dúbida é moi necesario.
Sacade a vosa propia conclusión!