Clica para recibir as novidades!

venres, 23 de febreiro de 2018

DÍA DE ROSALÍA

 O sábado 24 celébrase o Cumpreanos de Rosalía de Castro, polo que o noso alumnado xa comezou a traballar sobre esta importantísima escritora galega.

"Rosalía pequeniña" é o título libro-disco de Uxía na Editorial Galaxia (colección Sonárbore, 2013), ilustrado por Marina Seoane.
A continuación enlazamos o vídeo co que están a traballar os nosos pequenos




E.... un dos traballos do alumnado de EDUACIÓN INFANTIL!!! 
ARTISTAS ELES!!! 


E por último, cos máis maiores, buscamos nos nosos fondos se tiñamos algún libro de Rosalía, atopamos: "Rosalía de Castro para nenos" ademais de algún outro sobre a súa biografía e obra.


Olleamos algúns poemas, lemos outros, e fomos sinalando os que xa coñeciamos.


Rematamos cun collage que vos ensinamos! 





martes, 6 de febreiro de 2018

O NOSO FARO

Os FAROS, poden verse si estás no mar, na costa ou nun porto mariño.. Inda que non son os únicos lugares donde se poden atopar.

Tal vez xa sabedes exactamente que é un faro, para que serve e a gran importancia que ten para a xente do mar.

Os faros non só sinalan a entrada dos portos, senón tamén as illas, os bancos (os puntos onde as augas son pouco profundas), os arrecifes.. todos os lugares perigosos para a navegación e importantes no mar!

E como lugar importante do noso colexio o alumnado de CUARTO DE PRIMARIA decidiu que o FARO de FONTE ESCURA debería estar na porta da Biblioteca, e como podedes ver nas fotos que enlazamos ahí o tedes, unha bonita paisaxe, un FARO que vos GUÍE  a novas lecturas e que vos traía cara "OS SOÑOS DO PIRATA" aquí vos agardamos!!!

GRAZAS AO ALUMNADO DE CUARTO E Á SÚA TITORA!!



venres, 2 de febreiro de 2018

OLLO Ó PARCHE!!!!!!!!!!!!!!

Estes días na nosa biblioteca cheira a libros novos, cheira a poesía, cheira a mar...e con eles estamos preparando  algo moi interesante.

Permanece atentos!!!!

Coñecedes a Antonio García Teijeiro???

NÓS SÍ!!!!  



DESCUBRE OS LIBROS QUE ATOPARÁS NA NOSA ÁRBORE DE NADAL

COMO XA VÍCHEDES NA ENTRADA A NOSA ÁRBORE NON ESTÁ IGUAL QUE NA IMAXE, SENÓN QUE ESTÁ CARGADIÑA DE REGALOS... DE LIBROS.. POIS AGORA AQUÍ VO...